Rede de Medida do Brillo do Ceo en MeteoGalicia

Salvador X. Bara
Area de Optica, Dept. Fisica Aplicada.
Facultade de Fisica / Facultade de Optica e Optometría
Universidade de Santiago de Compostela

Dende a USC chegamos a un acordo de colaboración con MeteoGalicia para a instalación de detectores SQM para a medida do brillo do ceo nocturno nas súas estacións automáticas. Os datos pódense visualizar en tempo real na súa web, e son de libre acceso para o público e a comunidade científica interesada.

A rede contará con 14 puntos de medida, en áreas urbanas e lugares con ceo escuro. Nesta fase inicial están comezando a instalar os oito primeiros, tres dos cales -os de Compostela, O Cebreiro e Lardeira (Valdeorras)- xa están activos e poden consultarse. Estamos en periodo de probas e polo de agora para acceder aos datos hai que ir á páxina correspondente a cada estación. Vai adxunto un pdf cos pasos a dar. MeteoGalicia está traballando para que antes de fin de ano poida haber unha páxina específica na súa web con todos estes datos ao alcance da man de forma máis «amigable», semellante á que xa teñen sobre contaminación acústica.

Os datos que se poden ver e baixar directamente son:
– En continuo: o valor do brillo do ceo no cénit (en mag/arcsec2), en intervalos dezminutais, obtido promediando os datos rexistrados cada minuto sen interrupcións ao longo do día.
– Para cada día: os valores medio e máximo da escuridade do ceo (en mag/arsec2) durante o periodo horario de 00:00 a 03:00 (CET/CEST).

 

Guía rápida para a consulta de datos da Rede de Medida do Brillo no Ceo nas Estacións de Meteogalicia

Esta entrada fue publicada en Agenda. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *