Astrogalicia 2017

AstroGalicia17: o programa case definitivo.
Lugar: Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño – Ourense).
Datas: do 13 ao 15 de outubro de 2017.
Venres 13 de outubro
20:00-21:00 horas. Chegada ao Náutico de Castrelo. Xestión de inscricións e asignación de espazos para durmir.
21:00 AstroCea: cea temática astronómica.
22:00 horas. Actividade inicial: posible charla, contacontos astronómicos ou proxección de cinema clásico e antigo de temática astronómica. Posible observación pública en función das condicións meteorolóxicas.
22:30 horas. Inicio das observacións. Actividade aberta.
Sábado 14 de outubro
10:30 horas. Inscricións, para os que non asistiran o día anterior. No vestíbulo do Parque Náutico. Espazo astronómico.
11:30 horas. Presentación oficial de AstroGalicia con autoridades. Actividade aberta.
12:00 horas. Charla i. Sala principal. Actividade aberta.
13:30 horas. Descanso e espazo astronómico. Observación solar. Actividade aberta
14:30 horas. Xantar oficial. Actividade pechada.
16:30 horas. Obradoiros i. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.
18:00 horas. Obradoiros ii. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.
19:30 horas. Charla ii. Sala principal. Actividade aberta.
21:00 horas. Cea en grupo. Montaxe telescopios no lugar de observación.
22:00 horas. Inicio de observacións. Actividade aberta.
Domingo 15 de outubro
10:00 horas. Obradoiros iii. Actividade pechada.
12:00 horas. Charla iii. Homenaxe á Cassini. Actividade aberta.
12:30. Charla iv. Actividade aberta.
13:30 horas. Peche da actividade. Recollidas de impresións e avaliación de
Astrogalicia. Actividade pechada.
14:00 Xantar de despedida.
16:00 Visita a adegas. Actividade pechada.Ponentes (confirmados)
Luis Cuesta, actualmente científico de proxecto no CAB (Centro de AstroBioloxía) do INTA-CSIC.
Cristina López: astrofísica do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA). Pertencente ao equipo descubridor de Próxima Centauri b e proxecto Pale Red Dot. Charla sobre exoplanetas.
Javier Cacho: charla sobre auroras boreales e conexión Terra-Sol. Escritor e explorador. Ex-xefe base antártica española e ex-responsable de comunicación científica do INTA.Prezos
Socios asociacións astronómicas patrocinadoras (confirmadas xa AstroVigo, Rías Baixas e Ío):
– Inscrición: 20 euros.
– Todo incluído (inscrición, aloxamento albergue e pensión completa 2 días): 80 euros.

Xeral:
– Inscrición: 30 euros.
– Todo incluído (inscrición, aloxamento albergue e pensión completa 2 días): 89 euros.

SORTEO
Entre os inscritos antes do 5 de outubro de 2017: dúas suscricións dixitais á revista AstronomíA Magazine.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

Esta entrada fue publicada en Articulos. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.