VI Workshop CMON

Este é o programa definitivo da VI edición do Workshop CMON.

[10:45] Presentación do VI Workshop CMON.

[11:00] Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío)
Título: «Cinema e astronomía»
Resumen: Máis alá da ciencia ficción e «space-operas», son moitos os fíos dos que tirar para falar de cinema e astronomía.
Para empezar, o propio invento do cinematógrafo é fillo dun tránsito de Venus…

[11:30] Paula Neira Placer (Secretaria de la Agrupación Astronómica Ío)
Título: «¡Hola! ¡Estamos aquí!, XOXOXXXXOXXOXOX; o cómo comunicar desde asociaciones astronómicas»
Resumen: En esta charla se abordará el proceso que ha de seguir una asociación astronómica para poder comunicarse
con su entorno de una manera eficaz. Se hará referencia a algunas soluciones comunicativas que permiten
alcanzar los objetivos y audiencia más habituales de las asociaciones astronómicas.


[12:00] Víctor Tilve Rúa (Colectivo Calidade do Ceo Nocturno)
Título: «Contaminación luminosa: cada vez máis información, pero non menos contaminación»
Resumen: Escolma de temas relacionados coa contaminación luminosa: instrumentos e resultados de medicións,
traballos e bibliografía recentes, últimas novas sobre Calidade do Ceo Nocturno e outras cuestións.

[12:30] Descanso

[13:00] Jorge Gómez Crespo, José Ángel Docobo Durántez (Observatorio Ramón María Aller, USC)
Título: «Interferometría speckle de binarias no Byurakan Astrophysical Observatory»
Resumen: Descríbense  os resultados das campañas de observación de binarias realizadas no BAO (Armenia)
mediante o uso da cámara EMCCD do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC acoplada ao telescopio
de 2.6m de dito Observatorio.

[13:30] José Ángel Docobo Durántez, Pedro Pablo Campo Díaz (Observatorio Ramón María Aller, USC)
Título: «Cálculo preciso de masas estelares e paralaxes a partires das órbitas de  binarias espectro-interferométricas»
Resumen: O desdobramento de binarias espectroscópicas de dobre liña mediante técnicas de alta resolución
coma a interferometría speckle permite, a través das súas órbitas, diseñar un procedemento  para obter
simultaneamente valores precisos tanto das masas individuais coma das paralaxes.

[14:00] Comida

[16:00] Hugo González, Luis Pérez, Ramón Iglesias
Título: «Observando ocultacións»
Resumen: O porqué e o cómo da observación de ocultacións. O grupo de observación de ocultacións que hai
establecido en Galicia. O que se está a facer: resultados positivos e negativos.

[16:30] Carmen Castro (Clube Vega)
Título: «Eclipse en familia»
Resumen: Actividad divulgativa duante el eclipse de Marzo de 2015. Disfrutando de la Astronomía con
los niños también durante el dia. ¿Qué hacer y que no hacer durante el eclipse?

[17:00] X. Dosi Veiga
Título: «Ceos Galegos – Calendario astrónimo 2018»
Resumen: Ceos Galegos é un produto comercial no que facemos divulgación científica so través
dun produto de consumo popular. No caso de que funcione, transformaremos o proxecto nun vehículo
viable e autosustentable para a comunicación social da ciencia. A edición deste ano foi posible
porque en Galicia temos fotógrafos do ceo que fan un traballo espectacular.

[17:30] Descanso

[18:00] José R. Gago
Título: «Scienceffect Space Program»
Resumen: Crónica del diseño y construcción de diferentes cohetes y simuladores aeroespaciales de forma
artesanal. La importancia de entender leyes físicas básicas y el espíritu de la carrera espacial.

[18:30] Ramón Iglesias Marzoa (CEFCA, ULL, Clube Vega)
Título: «A caracterización de Haumea mediante unha ocultación estelar»
Resumen: A técnica das ocultacións estelares permite obter información moi valiosa sobre obxetos do sistema solar.
Unha ocultación de Haumea, observada mediante unha colaboración pro-am, permite descubrir o tamaño real
de Haumea e o seu sistema de anéis.

[19:00] Oscar Blanco (Trevinca Skies)
Título: «Observatorios robotizados en Galicia. Una realidad»
Resumen: La provincia de Ourense contará en cuestión de meses con dos observatorios astronómicos que permitirán el trabajo en remoto y robotizado. Las posibilidades, proyectos y colaboraciones posibles son ahora un nuevo aliciente para la astronomía en Galicia. Trevinca Skies está detrás de estos dos proyectos y nos lo contarán de primera mano.

[19:30] Salva Bará (Facultade de Óptica, USC)
Título: «Avisos varios»

[19:45] REMATE

Publicamos el anuncio:

==============================================================
VI Workshop CMON
==============================================================

Un ano máis, retomamos a organización do que será o VI Workshop CMON, que será, como
é costume, no mes de decembro. Non haberá variacións con respecto ás anteriores convocatorias,
non sendo que temos aínda máis ganas de pasalo ben e falar de Astronomía e Ciencia en xeral, e
que o convocamos con bastante tempo para que vos poidades programar mellor.

Data: Sábado, 2 de decembro de 2017.
Lugar: edificio da Residencia Universitaria Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.

Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos
astronómicos en xeral.

Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada, con independencia de se pertence ou non a
unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar a outros os
seus descubrimentos.

Programación:
—————————-
10:45 Presentación do VI Workshop CMON.
11:00 a 12:30: presentacións varias.
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:30: presentacións varias.
17:30 a 18:00: descanso.
18:00 a 20:00: presentacións varias.

Datas importantes:
——————–
18 de outubro: «call for papers». Comezo do período para apuntarse (sí, é necesario apuntarse).
15 de novembro: data final do «call for papers». Data final para apuntarse.
20 de novembro: publicación do programa definitivo.
2 de decembro: WORKSHOP CMON ¡vémonos en Santiago!

É indispensable apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop. Para elo hai que enviar un correo co
nome e apelidos do asistente á dirección de correo electrónico de contacto.

«Call for papers».
Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación
oral de 20 minutos máis 10 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos dun proxector de presentacións con
pantalla para que proxectedes o voso traballo.

A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumen (por favor, non máis dun par de liñas)
e enviaráse por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do «call for papers», cando se
elaborará o programa definitivo coas presentacións recibidas. De producirse sobrepetición de presentacións
a organización resérvase o dereito de seleccionar aquelas que considere máis interesantes pola súa novidade ou
interése.

Comida.
Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun «menú autoservicio»
que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,70 euros) ou un prato e postre
(medio menú, 4,70 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.

O correo electrónico de contacto será:

rimarzoa@yahoo.es

Un saúdo e vémonos o día 2.
Ramón.

Esta entrada fue publicada en Articulos. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *