Ceos Galegos 19

o martes 11 de decembro, ás 20:00 andarei pola libraría Andel, na Av. das
Camelias, para presentar os #CeosGalegos18 #GalicianSkies18. Creo que vai
ser o máis preto que esteades/estean os vigueses das estrelas ata que pase
o nadal, así que aproveitade.

Trátase dunha charliña didáctica e sinxela. Imos debullando as 14 fermosas
imaxes da edición deste ano e comentando as cousas que se nos van
ocorrendo. Polo camiño, xorde moita astronomía, ciencia, xeoloxía, cultura,
arqueoloxía, fotografía… Así que se vos apetece ou sabedes de quen lle
poida interesar non deixedes de difundir. Ademais sortearemos entre os
asistentes unha reprodución da lámina de portada nun tamaño xigante: case
un metro de ancho. A duración estimada é de 30-45 minutos e agárdase a
asistencia dalgún dos fotógrafos/as. Se sodes fans podedes pedirlles
autógrafos ;-)

En Vigo podedes adquirir un exemplar, ademais de na mesma Libraría Andel,
na Libraría Cartabón e nuns días nas Librarías Nobel Espazo Lector (Gran
Vía e Prisma).

Esta entrada fue publicada en Articulos. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *