2-Mayo-2009 Concentración de telescopios en el Obradoiro en Santiago


La USC y el Club Vega, dentro de su programa «Astronomía na beirarrúa», convocan a todas las asociaciones astronómicas de Galicia a una concentración de telescopios en la plaza del Obradoiro en Santiago el próximo dia 2 de Mayo entre las 20 y las 24 horas.  Tanto con telescopio como sin él, estamos todos invitados y se cuenta con nuestra presencia ese día en la plaza. Se adjunta texto con información de la convocatoria.

Como xa vos informamos nunha mensaxe anterior, convidámosvos a 
participar na Xuntanza de Telescopios que imos celebrar o sábado día 2 
de maio se o tempo acompaña na Praza do Obradoiro de Santiago de 
Compostela, entre as 20h e as 24h, convocada pola Universidade de 
Santiago de Compostela e o Clube de Astronomía Vega.

Queremos comentarvos nesta mensaxe algúns aspectos importantes 
relativos á organización do acto:

1. Prantexámolo como unha actividade relaxada, festiva, de contacto 
directo con veciños e visitantes á cidade, como parte das accións de 
celebración do Ano Internacional da Astronomía 2009, e tamén como unha 
ocasión para chamar a atención sobre as causas e consecuencias da 
contaminación lumínica.

2. En si, a actividade consiste simplemente en mostrar públicamente os 
telescopios, conversar cos e coas visitantes e -se a meteoroloxía o 
permite- facer unha observación nocturna aberta ás persoas que acudan 
por alí.

3. O Concello de Santiago préstanos a súa decisiva colaboración, que 
agradecemos, sobre todo nos seguintes aspectos:
– Autorizando a ocupación dun espazo como a Praza do Obradoiro.
– Autorizando a entrada duns 10 veículos das asociacións para 
descargar (entre as 19 e as 20h aprox) e cargar (ao rematar o acto) os 
telescopios. A Praza é un entorno peatonal, polo que o Departamento de 
Tráfico pídenos que uns días antes lle comuniquemos as matrículas dos 
coches a autorizar. Pregámosvos que nos enviedes ese dato por email ou 
telefónicamente ao enderezo de contacto que vai ao final deste mail, 
antes do luns 27 de abril, se pode ser.
– Apagando as luces da catedral entre as 23h e as 24h para que as 
persoas asistentes poidan ver as diferenzas na percepción do ceo.

4. É responsabilidade de cada asociación e persoa participante cuidar 
da seguridade e integridade dos seus equipos, atendelos, e usalos de 
acordo cos principios de seguridade para as persoas requiridos para 
este tipo de actividades.

5. Por motivos de seguridade ocular non se van usar nesta actividade 
punteiros láser nen telescopios de observación solar. A nosa posición 
sobre os punteiros láser está resumida na revista Astronomía, n. 114 
de decembro de 2008, páx.76-83. Os de máis de 5 mW superan os umbrais 
de seguridade ocular establecidos por organismos internacionais. Os de 
menos desa potencia son un importante elemento de distracción, non son 
necesarios para o desenvolvemento desta actividade e non queremos 
favorecer que o seu uso público sexa un incentivo para a súa compra 
indiscriminada por parte do público. Respecto aos telescopios de 
observación solar directa (PST coronado e outros telescopios equipados 
con filtros solares), dado o carácter aberto e posiblemente masivo 
desta actividade, queremos evitar que as persoas que nos observen 
desde certa distancia e non escoiten as nosas explicacións poidan 
pensar que estamos vendo o sol directamente cun telescopio. 
Pregámosvos que cumprades estritamente estas restricións de uso de 
equipos, e que comprendades os motivos da nosa posición.

6. Se as previsións meteorolóxicas a curto prazo non fosen favorabeis, 
e dependendo do tipo de  prognóstico, suspenderíamos a actividade ou a 
manteríamos como unha mostra de telescopios, sen observación 
posterior. De darse algunha destas circunstancias avisaríamosvos a ser 
posíbel con 48 horas de antelación.

7. Viríanos ben saber aproximadamente cantos teles contades vir, para 
ir distribuindo espazos. Na medida en que o vaiades sabendo enviádenos 
por favos un email ou comunicádeo por teléfono.



Esta entrada fue publicada en Agenda. Guarda el enlace permanente.