V edición do Workshop CMON

Reproducimos la carta de presentación, por si alguien está interesado en acudir a este evento.
=========================================================================================
V Workshop CMON
=========================================================================================
Retomamos a vella tradición de facer os workshops CMON a fináis de ano para aproveitar
o mal tempo do inverno e vernos todos. Así que convocamos o V Workshop CMON (sí, o quinto)
para vernos todos aprender e pasalo ben.
Data: Sábado, 17 de decembro de 2016.
Lugar: edificio do Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.
Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos
astronómicos en xeral.
Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada nos obxetivos anteriores, con independencia de
se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar
a outros os seus descubrimentos.

ClubeVega, Santiago de Compostela. V Workshop CMON, sábado 17 de decembro 2016


Programa (provisional):
—————————-
11:30 a 12:30: presentacións varias.
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:00: presentacións varias.
17:00 a 17:30: descanso.
17:30 a 18:30: presentacións varias.
Calendario:
————–
20 de novembro: «call for papers».
9 de decembro: data final do «call for papers». Data final para apuntarse.
12 de decembro: publicación do programa definitivo.
17 de decembro: ¡vémonos en Santiago!
É moi recomendable apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop.
«Call for papers».
Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación
oral de 20 minutos máis 10 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos dun proxector de presentacións con
pantalla para que proxectedes o voso traballo.
A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumen (por favor, non máis dun par de liñas)
e enviaráse por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do «call for papers», cando se
elaborará o programa definitivo coas presentacións recibidas.
Comida.
Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun «menú autoservicio»
que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,70 euros) ou un prato e postre
(medio menú, 4,70 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.
O correo electrónico de contacto será:
rimarzoa (en) yahoo (punto) es
Un saúdo e vémonos o día 17.
Ramón.
V edición do Workshop CMON
Esta entrada fue publicada en Articulos. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *