Gala anual de entrega de premios Ceos Galegos

Domingo, 13 de xaneiro de 2019 no Parque Náutico de Castrelo, en Castrelo de Miño (Ourense)

12:00 horas, gala de entrega de premios na sala TurCastrelo (asistencia libre).

Conducida por Manuel Vicente da Radio Galega (programa Efervesciencia).
Música en directo a cargo de Juan Manuel Vázquez.
Asistencia dos fotógrafos premiados. Proxección das imaxes e moita ciencia.
Posible retransmisión en directo por algunha das nosas redes sociais.
14:00 horas: xantar Ceos Galegos no restaurante do Parque Náutico. Un xantar temático con varios pratos, cada un dos cales trata unha temática astronómica diferente.

Sopa cósmica
Explosión estelar
Ultima Thule
Estrelas doces
Inclúe bebida e café. Prezo: 18 € (menores de 12 anos 12 €). Necesaria reserva previa no teléfono 988 493 245.

Esta entrada fue publicada en Articulos. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *