DEZ ILLAS, CHAMADAS PRATEADAS

Na parte occidental do océano tamén dez illas, chamadas Prateadas (cassitérides, ou da cor do estaño). Os graos de cuxa metade son 4 (Lonx. 4,0°) 45 ½ (Lat. 45,5°). Ademais dúas illas dos deuses (Douradas). Das cales a metade está en 4 ½ (Lonx. 4, 7°) 43 ½ (Lat. 43,3°). Claudio Ptolomeo de Alexandría, Geographia. Esta é a tradución ao latín: Insulae uero adiacent Tarraconensi, in Cantabrico quidem Oceano, quae nominantur Trileuci scopuli tres. Quarum medium gradus habet 9 46 ½ ¼. In occidentali autem Oceano Insulae decem, Cattiderides dictae. Quarum medium gradus habet 4 45. Praeterea Deorum insulae duae. Quarum medium habet 4 ½ 43 ½. Claudii Ptolemaeii Alexandrini, Geographicae enarrationis. Desta maneira, Claudio Ptolomeo sitúa o arquipélago das Dez illas Cassitérides, illas do estaño, ou illas prateadas, entre as Tres Rochas Brancas, ou illas Sisargas, e as Dúas illas dos deuses, illas douradas, illas de Zeus ou illas Cíes. Naqueles tempos (época romana, metade do século II d.C.), xa se asociara o nome destas illas á Ruta do estaño, mineral que forma en aliaxe co cobre, nun forno de leña, o bronce. Non apareceron na zona noroccidental de Hispania, instalacións que fagan supoñer a existencia dunha industria asociada á explotación do estaño, mineral de baixa lei, do que debe separarse a mena da ganga, para realizar o transporte en barco, de forma que sexa rendible. O estaño é un mineral de escaso valor, cun baixo punto de fusión, e as minas, abundantes por todo o orbe, soen atoparse na proximidade do lugar no que se vai fundir co cobre, mineral máis escaso, e dun punto de fusión máis alto. A Ruta das illas cassitérides é un mito creado dende tempos aínda máis antigos, debido ao nome dado a estas dez illas que se atopaban na costa de Galicia, polos antigos navegantes gregos, asociado nun símil, a que ocupaban un nivel máis baixo no escalafón dos deuses, sendo máis acertado traducir o seu significado polo de illas da cor do estaño, é dicir, prateadas.

Revista Aunios (O Grove) nº 26

Esta entrada fue publicada en Articulos. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *