Certificación de «Destination Starlight» do «Parque Nacional das Illas Atlánticas»

A Asociación Astronómica de Vigo apoia a certificación de «Destination Starlight» do «Parque Nacional das Illas Atlánticas», a fin de protexer e revalorizar cara o futuro a calidade dos seus ceos. Astrovigo publicou un ano atrás unha foto da NASA, na que se ven as Rías Baixas de noite. Nela, non se ven xustamente as Illas Cíes, Ons, Sálvora… como debe ser, segundo o significado da palabra noite, en contraste co absurdo despilfarro de luz que pódese ver en áreas arredor. «Illas Cíes, Ons, Sálvora … únicos lugares das Rías Baixas, onde a palabra noite adquire todo o seu significado«.

Noite que só se vei perturbada pola luz dos faros de navegación oceánica que teñen nos seus cumios. Dacordo cos estudos que levan a cabo os astrónomos da Universidade de Vigo, Ana Ulla, e da Universidade de Santiago de Compostela, Salvador Bará, o seu faz lumínico proxectase a intervalos temporais, optimizado en horizontal pra poder ser visto de lonxe polos barcos, sen causar efectos no brillo radiado cara as estrelas.

Starlight

Esta entrada fue publicada en Articulos. Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a Certificación de «Destination Starlight» do «Parque Nacional das Illas Atlánticas»

  1. Pingback: Illas Atlánticas, destino turístico Starlight | Calidade do Ceo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *