Programa que nos manda o noso socio e compañeiro Dosi Veiga: Os vindeiros días 27 e 28 de xullo terá lugar na terraza do Parque Náutico de Castrelo a primeira edición dun festival singular: Solpores no Náutico – festival de ciencia, maxia e música.
Organizado polo propio Parque Náutico de Castrelo xunto coa Asociación Galega para a Comunicación da Cultura Científica e Tecnolóxica (www.divulgaccion.com) a partires das 21:00 horas haberá intervencións duns 30 minutos de duración, de contido variado. Contaremos con:
– o mago Richard cun espectáculo de TecnoMaxia.
– Deborah García Bello, química e divulgadora científica, falando dos mitos que teñen que ver coa alimentación, que iso trae moita cola e funciona fenomenal: aceite de palma, gluten, lactosa, aditivos, edulcorantes…
«Entre o aceite de palma e a lactosa, un non sabe que comer».
– Francisco Rodríguez, «Un mar de colores para el Nautilus», investigador del centro oceanográfico de Vigo (IEO).
– Casto Rivadulla. Profesor da UDC, Grupo de Neurociencia e Control Motor (NEUROCOM). «Qué é a vida? Unha ilusión,unha sombra, unha ficción…»
– Manuel Vicente, químico e director do programa da Radio Galega
«Efervesciencia»; » Negociar de cambio climático con Trump». O que cremos saber sobre o cambio climático e por que a «teoría de xogos» nos di que as negociacións climáticas son tan complexas.
– Nieves Vidal, Científico Titular del CSIC. «Sete xigantes na palma da
man». As árbores senlleiras son un tesouro en perigo. A
biotecnoloxía pode axudarnos a estudalas e conservalas para sempre.
Entre as intervencións breves contidos de astronomía, onde Dositeo Veiga (físico e divulgador) describirá algunhas constelacións do ceo de verán comentando como se representaban na antigüidade en comparación co catálogo elaborado por Alfonso X «el Sabio» (Afonso IX de Galiza). Acompañará Juan Vázquez tocando coa guitarra eléctrica cantigas e músicas do mesmo rei.
Todo iso, para acompañar á eclipse total de lúa que poderemos gozar o venres 27 ao rematar o festival.
A entrada é de balde.